You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

martes, 21 de marzo de 2017

INSCRIPCION SOCIOS


Enbiciate con nós!
Asóciate a Composcleta
A cota anual de socio de Composcleta é de tan só 10 euros
(aprobada na asamblea de 21 de xaneiro de 2017).

CÓMO FACERSE SOCIO?
 

        O pago por transferencia bancaria á nosa conta:
Entidade: Caixa Rural Galega                        Oficina: 0035 Santiago de Compostela
Titular: Asociación Cívica Composcleta      CIF:     G70403621
IBAN: ES49 3070 0035 2961 8514 0123
CONCEPTO: cota anual socio NOME  APELIDO1 APELIDO2
         Enviádenos os seguintes datos por e-mail a  bicis@composcleta.org
Nome e apelidos

DNI

Correo electrónico

Tel /wasap

Transferencia nº




A cuota inclúe o seguro individual para os socios. (ver cobertura)
válido do 1/4/2017 ao 31/3/018.
Co obxectivo de facilitar a xestión económica  recomendámosvos o ingreso na conta da Asociación preferiblemente antes do día 1 de abril de 2017.

lunes, 20 de marzo de 2017

2 de abril 2017 3º DomingoenBICI !!!

DomingoenBICI
Primeiro domingo de cada mes
12:00h    Paseo da alameda

Domingo 2 de abril
12:00h    Paseo da alameda - Parque da Almáciga
Quedaremos ás 12:00 no parque da Alameda en Santiago
Neste DomingoenBICI iremos á parte mais alta da Compostela medieval, onde estaban os depósitos de auga: o parque da Almáciga.
O ritmo do percorrido permite o acompañamento a pe para os que non se animen a coller a bici. 
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.
Percorreremos parte do Ensanche, Virxe da Cerca, Rúa de San Pedro, e a subida a faremos empuxando tranquilamente as nosas bicis e disfrutando do parque de Bonaval.

Chegaremos ás 13:00 ao parque da Almáciga onde:
- disfrutaremos das vistas sobre a cidade
- teremos música
- tomaremos os aperitivos que cada un leve,
charlaremos sobre a bici na nosa cidade,
- os mais pequenos poderan xogar coas bicis e no parque
- orientaremos sobre reparacións e técnicas de pedaleo seguro para os que o precisen.

As 13:30 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.
 Enbiciate con nós !
 composcleta@gmail.com
http://composcleta.blogspot.com.es
Este será o itinerario:

25 Marzo 2017 CSC Fontiñas PASEOS POLA CIDADE

Compartimos desde Composcleta la iniciativa que algunas personas estan empezando a organizar: 

Esta iniciativa se encuadra dentro de un proyecto global denominado Jané's walk, inspirado en la visión de la activista Jane Jacobs, defensora de un urbanismo más humanizado, para celebrar el placer de caminar por la ciudad.


El primer paseo, denominado Fontiñas: da aldea ao barrio, tendrá lugar el sábado 25 de marzo, saliendo  a las 11:30 del CSC de Fontiñas.
Estará guiado por personas  del colectivo Barriopía. 

Creemos que esta actividad, de mobilidad urbana sostenible, tiene que ver con los objetivos de Composcleta y os invitamos a participar. 

Para saber más:
lunes, 6 de marzo de 2017

5 marzo 2017: O DomingoenBICI celebrouse de novo en Compostela



Tódolos primeiros domingos de cada mes, ás 12 da mañá, dende o paseo da Alameda, a asociación Composcleta co lema Enbiciate con nós! organiza unha pedalada urbana apta para todos, especialmente familias con nenos e persoas que non se senten seguras coa bicicleta.


O itinerario, coidadosamente planificado e con zonas de reagrupamento, pasou polo ensanche, a avenida de Ferrol, Sarta Marta, e o hospital finalizando no parque da Avenida de Barcelona, onde os participantes compartiron charla e pinchos.

O tempo acompañou e os participantes puideron disfrutrar dun paseo tranquilo e en compañia pola cidade sen mollarse, ... ainda que a previsión meteorolóxica fixo que a participación desta convocatoria foi mais reducida!!!

O vindeiro DomingoenBICI será o domingo 2 de abril.
 Enbiciate con nós !


http://composcleta.blogspot.com.es


email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago