You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

sábado, 19 de septiembre de 2015

EnBICIate con Nós

Enbiciate con nós !
Con motivo da celebración en Santiago de Compostela da Semana Europea da Mobilidade, promovida polo concello e organizada por TUSSA,  a bicicleta non podía de faltar á festa. 
Dende COMPOSCLETA estamos poñendo a nosa ilusión para vos transmitir a nosa paixón pola bici e a mobilidade sostible.
Estades convidadas/os
 Domingo 27 de setembro


                                                  INSCRÍBETE!!!



Así pois, convidamos a todas e todos que saquedes as bicis de rochos, faiados e garaxes e vos veñades a pasar una mañá divertida no

Parque da Alameda

Teremos un agasallo para todos os inscritos
Vinde cos vosos país e amigas/os, haberá  actividades para todas e todos:

11:00 – 13:00  Gymkana : circuito de habilidade non competitivo para rapaces de 8 a 14 anos
12:00 -  13:00  Obradoiro: para aprender cousas básicas (pinchazo, hinchar as rodas, axuste de freos e cadeas….) Aproveitade para poner a bici a punto!!!
13:00 – 14:00  Pedalada por Compostela: grandes e pequenos disfrutaremos da nosa cidade cun itinerario seguro, tranquilo e con varios puntos de reagupamento.

Inscríbete   en:

PROPOSTA DE MELLORA AVENIDA DE XOÁN XXII

PROPOSTA DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL
AVENIDA DE XOÁN XXII
SANTIAGO DE COMPOSTELA

Na asociación Comploscleta somos sensibles aos conflitos de tráfico que se producen en Santiago de Compostela.

Concretamente, na Avenida de Xoán XXI comprobamos os seguintes feitos:
- Prodúcense anualmente varios accidentes de tráfico como saídas de vía e atropelos a peóns en pasos de cebra.
- Por outra parte a velocidade habitual dos vehículos supera mais dun 40% o límite de velocidade marcado.
- O deseño do vial, con dous carrís en cada senso, incita a circular a maior velocidade e realizar adiantamentos arriscados.
- A limitación de velocidade marcada polas sinais verticais está en total contradición co deseño do vial,

En Composcleta elaboramos unha proposta de mellora baixo o que consideramos deben ser os principios de unha política de mobilidade :
- Supón un exemplo práctico de cómo desenvolver un modelo de mobilidade urbana mais humanizada.
- Suporá unha mellora da seguridade con redución drástica dos accidentes viais, das situacións de risco, e dos puntos críticos para os peóns.
- A solución proposta é coherente cos obxectivos pretendidos, a legalidade, a sinalización e o deseño.

Ademais, conscentes de que a solución debe ser viable ten tamén as seguintes características:
- Económica: nunha primeira fase, de proba, só precisa pintura para a sinalización horizontal.
- Convivencia: Considera as necesidades dos usuarios de vehículos: Non reduce opcións de itinerario para os vehículos


COMENTARIO DA CARTOGRAFÍA

TRAMO SUPERIOR ATA ULTREIA
Na subida se pintará un vial bicis de 1,5 m de ancho. No semáforo reservaranse 2 m do vial dereito para priorizar a saída das bicicletas no semáforo.
Na baixada sinalizarase o carril dereito para continuar baixando e o carril esquerdo para desviarse cara a rúa Ultreia.

TRAMO DE ULTREIA
Neste tramo se ten en consideración as necesidades dos veciños de Ultreia de comunicarse en vehículo a través de Xoán XXII en ambos sentidos. Para isto aproveitase parte do carril central en cada sentido.
Neste tramo haberá só un carril sinuoso de subida e outro de baixada, con limitacións de velocidade a 30-40 km/h.
No tramo de subida, no lado dos árbores, se habilitará unha beirarrúa, accesible para bicis, de ao menos 1,5 m de ancho.
Este carril será continuación do carril bici que ascende a Avenida de Xoán XXII.
Habilitarase un novo paso de peóns para comunicar o acceso ao parque para os veciños de Ultreia.

CURVA DA CASA DE LOIS e ENCONTRO CON MODESTO BROCOS
Nesta zona as saídas de vial coa conseguinte rotura da verxa da casa de Lois é bastante frecuente a causa da excesiva velocidade.
Na baixada, antes da curva, redúcese a un só carril para facilitar a incorporación dos vehículos procedentes de Alexandre Bóveda e do parque.
Na baixada, na curva o carril da dereita terá un límite de 30-20 km/h e será exclusivo para o acceso a Modesto Brocos. O carril esquerdo será exclusivo para baixar.
Habilitarase un novo paso de peóns na zona de maior visibilidade da curva para facilitar a comunicación peonil entre os veciños de Ultreia e Modesto Brocos.
No encontro con Modesto Brocos manterase a sinalización horizontal existente.
No sentido de subida, ao engadir un carril bici de 1,5 m e destinar espazo para os cruces, só permanecerá un carril neste sentido.

TRAMO: CRUCES A ESTILA e BURGO DAS NACIÓNS
Básicamente se manterá a sinalización horizontal e distribución de viais existentes en ambos cruces. Sinalizarase mellor as separacións de carrís e se deixará mais espazo para a manobra dos buses que comunican con A Estila.
No sentido descendente, antes do cruce con A Estila, reservase o carril dereito para o xiro á A Estila; o carril dereito será para continuar baixando e pouco despois se bifurcará cara Burgo das Nacións e cara San Francisco.
Os vehículos que sigan cara San Francisco se lles obrigará a realizar un lixeiro percorrido sinuoso e se indicará unha limitación de velocidade a 30 km/h.
Só haberá un carril de subida, con desviacións para os cruces.

TRAMO CEIP LÓPEZ FERREIRO - BIBLIOTECA PÚBLICA
Mantense como está. Únicamente se realizarán as modificacións indicadas en pasos de peóns.
O carril bici pasa a compartir espazo na beirarúa da dársena de autobuses. A conexión pode realizarse a través do paso de peóns fronte ao CEIP Lopez Ferreiro.

ZONA DE SAN FRANCISCO:
Propónse deseñar, con pintura no chan, uns carrís-coche sinuosos de 2,4 m de ancho e separados por unha mediana peonil de ao menos 1m de ancho.
Nos carrís coche se pintará a limitación de velocidade a 20 km/h, a sinal de zona de prioridade peonil e de estreitamento do vial.

PASOS DE PEÓNS
Ademais dos actuais, fronte á Bibiloteca pública, na curva enriba do encontro con Modesto Brocos, no encontro con Ultreia
Elevados á altura da beirarrúa.
Con sinal de limitación de velocidade (30-20 km/h) e loma de desaceleración 2 m antes no sentido de aproximación dos vehículos.



email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago