You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "
sábado, 19 de septiembre de 2015
PROPOSTA DE MELLORA AVENIDA DE XOÁN XXII
16:46 |
Publicado por
composcleta
AVENIDA
DE XOÁN XXII
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Na
asociación Comploscleta somos sensibles aos conflitos de tráfico
que se producen en Santiago de Compostela.
Concretamente,
na Avenida de Xoán XXI comprobamos os seguintes feitos:
-
Prodúcense anualmente varios accidentes de tráfico como
saídas de vía e atropelos a peóns en pasos de cebra.
- Por
outra parte a velocidade habitual dos vehículos supera mais
dun 40% o límite de velocidade marcado.
- O
deseño do vial, con dous carrís en cada senso, incita a
circular a maior velocidade e realizar adiantamentos arriscados.
- A
limitación de velocidade marcada polas sinais verticais está en
total contradición co deseño do vial,
En
Composcleta elaboramos unha proposta de mellora baixo o que
consideramos deben ser os principios de unha política de
mobilidade :
-
Supón un exemplo práctico de cómo desenvolver un modelo de
mobilidade urbana mais humanizada.
-
Suporá unha mellora da seguridade con redución drástica dos
accidentes viais, das situacións de risco, e dos puntos críticos
para os peóns.
- A
solución proposta é coherente cos obxectivos pretendidos, a
legalidade, a sinalización e o deseño.
Ademais,
conscentes de que a solución debe ser viable ten tamén as seguintes
características:
-
Económica: nunha primeira fase, de proba, só precisa pintura para a
sinalización horizontal.
- Convivencia: Considera as necesidades dos usuarios de vehículos: Non reduce
opcións de itinerario para os vehículos
COMENTARIO DA CARTOGRAFÍA
TRAMO SUPERIOR ATA
ULTREIA
Na subida se pintará un vial bicis de
1,5 m de ancho. No semáforo reservaranse 2 m do vial dereito para
priorizar a saída das bicicletas no semáforo.
Na baixada sinalizarase o
carril dereito para continuar baixando e o carril esquerdo para
desviarse cara a rúa Ultreia.
Neste tramo se ten en
consideración as necesidades dos veciños de Ultreia de comunicarse
en vehículo a través de Xoán XXII en ambos sentidos. Para isto
aproveitase parte do carril central en cada sentido.
Neste tramo haberá só
un carril sinuoso de subida e outro de baixada, con limitacións de
velocidade a 30-40 km/h.
No tramo de subida, no
lado dos árbores, se habilitará unha beirarrúa, accesible para
bicis, de ao menos 1,5 m de ancho.
Este carril será
continuación do carril bici que ascende a Avenida de Xoán XXII.
Habilitarase un novo paso
de peóns para comunicar o acceso ao parque para os veciños de
Ultreia.
CURVA DA CASA DE LOIS e
ENCONTRO CON MODESTO BROCOS
Nesta zona as saídas de
vial coa conseguinte rotura da verxa da casa de Lois é bastante
frecuente a causa da excesiva velocidade.
Na baixada, antes da
curva, redúcese a un só carril para facilitar a incorporación dos
vehículos procedentes de Alexandre Bóveda e do parque.
Na baixada, na curva o
carril da dereita terá un límite de 30-20 km/h e será exclusivo
para o acceso a Modesto Brocos. O carril esquerdo será exclusivo
para baixar.
Habilitarase un novo paso
de peóns na zona de maior visibilidade da curva para facilitar a
comunicación peonil entre os veciños de Ultreia e Modesto Brocos.
No encontro con Modesto Brocos
manterase a sinalización horizontal existente.
No sentido de subida, ao engadir un
carril bici de 1,5 m e destinar espazo para os cruces, só
permanecerá un carril neste sentido.
TRAMO: CRUCES A ESTILA e BURGO DAS
NACIÓNS
Básicamente se manterá a sinalización
horizontal e distribución de viais existentes en ambos cruces.
Sinalizarase mellor as separacións de carrís e se deixará mais
espazo para a manobra dos buses que comunican con A Estila.
No sentido descendente, antes do cruce
con A Estila, reservase o carril dereito para o xiro á A Estila; o
carril dereito será para continuar baixando e pouco despois se
bifurcará cara Burgo das Nacións e cara San Francisco.
Os vehículos que sigan cara San
Francisco se lles obrigará a realizar un lixeiro percorrido sinuoso
e se indicará unha limitación de velocidade a 30 km/h.
Só haberá un carril de subida, con
desviacións para os cruces.
TRAMO CEIP LÓPEZ FERREIRO -
BIBLIOTECA PÚBLICA
Mantense como está. Únicamente se
realizarán as modificacións indicadas en pasos de peóns.
O carril bici pasa a compartir espazo
na beirarúa da dársena de autobuses. A conexión pode realizarse a
través do paso de peóns fronte ao CEIP Lopez Ferreiro.
ZONA DE SAN FRANCISCO:
Propónse
deseñar, con pintura no chan, uns carrís-coche sinuosos de 2,4 m de
ancho e separados por unha mediana peonil de ao menos 1m de ancho.
Nos
carrís coche se pintará a limitación de velocidade a 20 km/h, a
sinal de zona de prioridade peonil e de estreitamento do vial.
PASOS DE PEÓNS
Ademais
dos actuais, fronte á Bibiloteca pública, na curva enriba do
encontro con Modesto Brocos, no encontro con Ultreia
Elevados
á altura da beirarrúa.
Con
sinal de limitación de velocidade (30-20 km/h) e loma de
desaceleración 2 m antes no sentido de aproximación dos vehículos.
Etiquetas:
propuestas