You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

viernes, 9 de septiembre de 2016













Enbiciate con nós !


Semana Europea da Mobilidade, a bicicleta non podía faltar.


O Domingo 18 de setembro


Rúa Virxe da Cerca
Vente coa BICI !!!

10:00 Inicio da INSCRIPCIÓN con camiseta para os mais madrugadores

de 10:00 a 12:30 OBRADOIROS: todos de carácter práctico: coas mans na BICI!!
- BICIGÜAI! Bici-carro para <5 anos
- XINCANA INFANTIL de 5 a 10 anos
- XINCANA XOVE de 11 a 16 anos
- FREOS E SILLÍN Axustes básicos antes de montar
- CADEA e CAMBIOS qué facer cando se che sae a cadea? Cómo utilizar os cambios?
- RODAS como hinchar as rodas e consellos para pinchazos.
- En BI Cidade cómo pedalear pola cidade
- IniCIate na BICI para os que nunca montaron en bici

ITINERARIOS pola cidade disfrutando a bici con calma e con pausas.
- PEDALADA polo barrio de S. PEDRO 1km. Para nenas/os de 0 a 10 anos cos seus pais
- PEDALADA por COMPOSTELA 6 kms Un paseo por Compostela para todos


13:30 SORTEO de BICI e outros agasallos




itinerario da pedalada do domingo 18 setembro
) Pedalada pola cidade.
Hora de saída 12:30.
Percorrido de duración aproximada 45-60 min.
Chegada arredor das 13:30.
Características:
Dúas rutas circulares de inicio e fin na Rúa Virxe da Cerca.
Sairán conxuntamente nenos e adultos. Ós nenos de curta idade se lles recomendará facer a ruta para nenos voltando na Porta do Camiño a rúa Virxe da Cerca como área de circulación libre para peóns e bicicletas. Os nenos circularán sempre baixo a supervisión dun adulto. Por debaixo dos dezaseis anos o casco é obrigatorio.

Ruta corta para nenos .  (1 km) (recomendado a menores de 8 anos):
Virxe da Cerca, Rúa de Aller Ulloa, Rúa de San Pedro, Rúa da Angustia, Rúa do Rosario, Rúa de Bonaval, Rúa de Aller Ulloa, Costa de San Domingos, Virxe da Cerca

Ruta longa: ( 6 km)
Virxe da Cerca, Rúa de Aller Ulloa, Rúa de San Pedro, Rúa da Angustia, Rúa  do Rosario, Rúa de Bonaval (1), Ramón del Valle Inclán,  San Roque, Rúa de Santa Clara, Rúa dos Basquiños, Rúa Pastoriza, Praza da Paz (2) , Avenida de Castelao (3), Rúa de Vista Alegre, Rúa das Salvadas, Rúa do Morón (4), Rúa das Galeras, Rúa do Pombal, Rúa da Senra, Rúa Virxe da Cerca.
Agrupamentos:

(1) Bifurcación dos grupos. Parada na Rúa Ramón del Valle Inclán para agrupamento.
(2) Agrupamento. na Rúa Otero Pedraio.
(3) Agrupamento ó final da Avenida de Castelao antes de entrar na Rúa de Vista Alegre.
(4) Agrupamento a altura do pabellón de Santa Isabel