You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

lunes, 3 de abril de 2017

domingo 2 de abril. Desfrutamos do 3º DomingoenBICI



O domingo 2 de abril
celebrouse de novo en Compostela O DomingoenBICI

Tódolos primeiros domingos de cada mes, ás 12 da mañá, dende o paseo da Alameda, a asociación Composcleta co lema Enbiciate con nós! organiza unha pedalada urbana apta para todos, especialmente familias con nenos e persoas que non se senten seguras coa bicicleta.

Participantes do DomingoenBICI no parque de Bonaval
Os ciclistas urbanos percorreron, a un ritmo tranquilo e con reagrupamentos frecuentes, parte do Ensanche, o barrio de San Pedro, bicicletas e abordaron a subida á Almáciga realizando un agradable paseo polo parque de Bonaval.
O percorrido finalizou no parque da Almáciga, onde puideron disfrutar dunha maravillosa vista da cidade compartindo picnic e charla.
Os DomingoenBICI son ideais para desfrutar da cidade en familia coa bicicleta, a mellor forma de perder o medo a andar en bici pola cidade.
O vindeiro DomingoenBICI será o domingo 7 de maio.
 Enbiciate con nós ! Faite socio


email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago