You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

lunes, 13 de febrero de 2017

Unha persoa atropelada cada semana en Compostela

Podería ser un tirular chamativo, pero... é unha realidade ratificada polos datos que nos facilitou a

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA - 061
 https://drive.google.com/file/d/0BzMmrnFyivD4Yy1oVHdJNkFuYXc/view?usp=sharing
Este é o resumo, en cada ano está o acceso ao mapa correspondente:

Ano
Peóns
44
39
51
48
66
45
49
50
Ciclistas
5
3
8
4
3
6
5
7

Xa o comentáramos en Novembro de 2014:     Cada siete días atropellan un peatón en Santiago

Dende ComposCleta queremos unha cidade mais segura para os peóns.
Queremos que se avance en facilitar a mobilidade ás persoas e se prioricen as accións sobre as persoas con deficultades de mobilidade. 
Iremos desenvolvendo propostas e facéndoas públicas neste blog para conseguir tamén unha cidade mais amable para os ciclistas.



domingo, 5 de febrero de 2017

PEDALANDO BAIXO A CHOIVA!!



A previsión meteorolóxica para o día 5 de febreiro non botou atrás a un nutrido grupo de ciclousuarios no primeiro DomingoenBICI, e ademais o tempo axudou a disfrutar dun paseo agradable en bici polas rúas de Compostela.

O dato curioso foi a elevada participación de familias con nenos, sen dúbida os que mellor o pasaron.

O itinerario, cuidadosamente planificado con zonas de reagrupamento, pasaba polas rúas do Ensanche, pero tamén polos parques da Alameda, Campus Universitario, Finca Vista Alegre e Parque da Música.

Acabado o percorrido,os participantes compartiron momentos de charla e picnic con música ambiental, mentres o nenos xogaban.

Dende a Asociación Composcleta informa que o vindeiro DomingoenBICI será o domingo 5 de marzo.
 Enbiciate con nós !
martes, 31 de enero de 2017

Composcleta comeza os DomingoenBICI

DomingoenBICI


Dende a Asociación Composcleta queremos empezar este novo ano animando a tod@s a disfrutar da bicicleta en Compostela.
Un domingo ao mes realizaremos un paseo pola cidade aberto a todo o mundo de calquera idade. Comezamos o próximo
Domingo 5 de febrero
Quedaremos ás 12:00 no parque da Alameda en Santiago
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.

Chegaremos ás 13:00 ao parque do Auditorio onde:
- un grupo nos amenizará con música
- tomaremos os aperitivos que cada un leve,
- charlaremos sobre a bici na nosa cidade,
- realizaremos unha ximcana para diversión dos pequenos
- un obradoiro de pedaleo seguro para os adultos sen experiencia
- un obradoiro de reparacións para os que o precisen.

As 13:30 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.
 Enbiciate con nós !
 composcleta@gmail.com

http://composcleta.blogspot.com.es

Este será o itinerario:

email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago