You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

jueves, 25 de febrero de 2016

Autobús Bonzo en Compostela reclama a súa xubilación !!!



(foto de www.elcorreogallego.es)

Hoxe, 25/2/2016 ás 8:15 da mañá ardeu un autobús na cidade. 

Este mesmo autobús foi motivo de queixa o pasado 19/11/2015 por parte dun viaxeiro cando cubría a liña 1 polo seu estado desvencellado que provocaba molestias e condicións insalubres aos pasaxeiros.

Ademais do seu mal estado xeral, parte dos gases da combustión entraban no autobús e o ruído do motor era máis elevado do normal.

Denunciamos polo tanto a contestación de Tralusa, que anexamos ao final, limitándose a dicir que todo estaba ben, e pensamos que ante este tipo de situación o concello non debe simplemente trasladala resposta da concesionaria ou empresa encargada da xestión dun servizo senón investigar e demandalo correcto mantemento e renovación dos autobuses.

 Os autobuses urbanos, ademais da súa antigüidade, teñen problemas pola súa elevada contaminación e falta de adaptación ás persoas con diversidade funcional e ás necesidades actuais da cidade.

A renovación da flota debe ser un asunto prioritario, incorporando criterios ecolóxicos e de saúde (autobuses eléctricos ou mixtos que provocan menos contaminación acústica e atmosférica), criterios de axilidade (vehículos máis pequenos que podan dar servizo e moverse mellor na cidade, coa velocidade limitada a 50km/h pero que faciliten o traballo do condutor e a redución das súas tarefas) e criterios de accesibilidade (plataforma baixa, rampla de acceso, plataforma de bicicletas...). Porque se non podo entrar en cadeira de rodas, coa silliña de nenos, ou o carro da compra, non estou recibindo un servizo público.


https://drive.google.com/file/d/0BzMmrnFyivD4dkczdEpIdG1SRDg/view

email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago