You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

jueves, 20 de abril de 2017

7 de maio de 2017 DomingoenBICI !!!



DomingoenBICI
a RÚA é … das PERSOAS!!!


Domingo 7 de maio
Quedaremos ás 11:30 no parque da Alameda en Santiago
Neste DomingoenBICI realizaremos un percorrido polo Sar ata Pontepedriña, onde analizaremos, xunto coas asociación de vecinos da zona, a problemática do tráfico nesta en trada da cidade.

Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.

As asociacións de vecinos de Sar (Espazo Veciñal de Sar), do Restollal (AAVV Sandra Prego Rial) e de Pontepedriña (Asociación Veciñal Pontepedriña) explicarán nas paradas de reagrupamento os problemas de mobilidade que lles afectan.

Finalizaremos cun picnic compartido no parque de do Restollal onde:
charlaremos sobre cómo readaptar as rúas para as persoas
- teremos música
- compartiremos os aperitivos que cada un leve,
- haberá xogos populares para nenos (AAV Pontepedriña)
                                                                                            
As 14:00 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.

a RÚA é … das PERSOAS!!!
Este será o itinerario:
lunes, 3 de abril de 2017

domingo 2 de abril. Desfrutamos do 3º DomingoenBICI



O domingo 2 de abril
celebrouse de novo en Compostela O DomingoenBICI

Tódolos primeiros domingos de cada mes, ás 12 da mañá, dende o paseo da Alameda, a asociación Composcleta co lema Enbiciate con nós! organiza unha pedalada urbana apta para todos, especialmente familias con nenos e persoas que non se senten seguras coa bicicleta.

Participantes do DomingoenBICI no parque de Bonaval
Os ciclistas urbanos percorreron, a un ritmo tranquilo e con reagrupamentos frecuentes, parte do Ensanche, o barrio de San Pedro, bicicletas e abordaron a subida á Almáciga realizando un agradable paseo polo parque de Bonaval.
O percorrido finalizou no parque da Almáciga, onde puideron disfrutar dunha maravillosa vista da cidade compartindo picnic e charla.
Os DomingoenBICI son ideais para desfrutar da cidade en familia coa bicicleta, a mellor forma de perder o medo a andar en bici pola cidade.
O vindeiro DomingoenBICI será o domingo 7 de maio.
 Enbiciate con nós ! Faite socio


email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago