You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "
jueves, 25 de febrero de 2016
Autobús Bonzo en Compostela reclama a súa xubilación !!!
Ademais do seu mal estado xeral, parte dos gases da combustión entraban no autobús e o ruído do motor era máis elevado do normal.
Denunciamos polo tanto a contestación de Tralusa, que anexamos ao final, limitándose a dicir que todo estaba ben, e pensamos que ante este tipo de situación o concello non debe simplemente trasladala resposta da concesionaria ou empresa encargada da xestión dun servizo senón investigar e demandalo correcto mantemento e renovación dos autobuses.
Os autobuses urbanos, ademais da súa antigüidade, teñen problemas pola súa elevada contaminación e falta de adaptación ás persoas con diversidade funcional e ás necesidades actuais da cidade.
A renovación da flota debe ser un asunto prioritario, incorporando criterios ecolóxicos e de saúde (autobuses eléctricos ou mixtos que provocan menos contaminación acústica e atmosférica), criterios de axilidade (vehículos máis pequenos que podan dar servizo e moverse mellor na cidade, coa velocidade limitada a 50km/h pero que faciliten o traballo do condutor e a redución das súas tarefas) e criterios de accesibilidade (plataforma baixa, rampla de acceso, plataforma de bicicletas...). Porque se non podo entrar en cadeira de rodas, coa silliña de nenos, ou o carro da compra, non estou recibindo un servizo público.
lunes, 22 de febrero de 2016
Reunións plenarias do Pacto pola Mobilidade
Contou coa presencia de Carme da Silva, tenente alcalde do concello de Pontevedra, que falounos da experiencia levada a cabo en Pontevedra, así como representantes de grupos municipais e de veciños e asociacións do concello.
Gustóunos moito escoitar a Carme da Silva os inicios e as claves da súa xestión: idea clara do modelo de cidade que querían conseguir, non malgastar tempo e esforzo en planes de mobilidade, aproveitar as obrigadas obras de mantemento de infraestruturas para introducir mellloras cara unha mobilidade mais humanizada, rediseño de sentidos de circulación para eliminar o tráfico de travesía e o de busca de aparcamento, non prohibir a circulación e menos as de transportistas, reducir drásticamente o espazo de aparcamentos e permitir o estacionamento gratuito de 15 minutos flexibles, inicialmente non modificaron ordenanzas, pero sí fixeron unha intensa labor educativa involucrando nela a policías e técnicos do concello...
Dende Composcleta presentamos algunhas ideas para ir construindo unha Compostela mais agradable para os cidadáns. Podedes velos premendo nas fotos laterais. viernes, 15 de enero de 2016
A Mal Tempo, Boa Cara!
Todos sabemos que a bicicleta é a que nos fai chegar a tempo a todas partes, pero o tempo pode tamén causar problemas, falamos do tempo climatolóxico.
Para os que queiran seguir usando a bicicleta independentemente das condicións atmosféricas fixémolos seguintes consellos:
- A Bici. As bicicletas non pasan a ITV, temos que procurar mantelas un mínimo. Botar unha ollada ao estado dos cables dos freos, pastillas de freo e as cubertas. Tamén é importante revisala presión das rodas e mantela cadea limpa e engraxada. É moi recomendable ter garda barros en calquera época do ano. Legalmente temos que levar luces, é un aspecto fundamental da nosa seguridade. Teñen que ser unha luz branca diante e outra atrás, ámbalas dúas fixas (non intermitentes). Tamén é obrigatorio ter catadióptricos; un branco adiante e vermello non triangular atrás. Podemos reforzala nosa visibilidade con outros elementos como luces intermitentes, catadióptricos nas rodas e nos pedais, etc... En caso de malas condicións de visibilidade hai que levar unha prenda reflectinte (poden ser guantes, perneiras, poncho, mochila, tiras...). Unha norma redundante e imprecisa xa que as bicicletas xa dispoñen deles e máis as urbanas, pero así é a lei.
- O Frío. Este é o inimigo máis fácil de combater, calquera capa ventilada que nos poñamos axuda, sendo importante protexela gorxa, as mans e a cabeza, que normalmente fican desprotexidas coa nosa roupa habitual.
- A Calor. Faise ao revés que o frío, quitando roupa, pero sen pasarse pois é importante protexerse do sol. Normalmente a roupa de rúa que levamos un día de calor vai sela é axeitada sen necesitar unha axuda adicional, excepto posibles elementos de protección como guantes, e é recomendable tamén protexela cara cunha viseira e os ollos con gafas axeitadas.
- O Vento. Aparte do maior esforzo físico, o problema principal do vento ven cando combina coa chuvia. En caso de vento recomendamos ir máis amodo e levar roupa axustada ao corpo.
- A Chuvia. En Compostela disque non se colle a bici pola chuvia. Nós collémola igual, a chuvia é inconveniente pero non impide á bici. Con chuvia aumentan os atascos e neles a bicicleta é a raíña. Dependendo do tempo hai varias alternativas:
- Traxe de augas. Un bo traxe de augas sobre a roupa permite que chegues seco á casa, ou ao traballo. O pantalón impermeable é o mais práctico e efectivo cando chove moito e de lado como aquí. Pode ser o típico traxe de augas de traballo ou un pantalón e chaqueta. Se levas unha chaqueta para a chuvia (por exemplo unha técnica de goretex, podes complementar só cun pantalón de auga, que pode ser de andaina, de bicicleta) e que impedirá que molles o pantalón.

Pantalón de augas - Poncho: Sen vento o poncho é unha das ferramentas máis interesantes para a chuvia. Funcionan como un paraugas. Normalmente ocupan pouco espazo e protexen todo o corpo á vez que favorecen a ventilación corporal. Os específicos de bicicleta custan uns 40€ e teñen visores laterais e fixacións para o corpo e o manillar. Pero con vento, como acontece moitas veces no noso clima, o pantalón de augas axudará a evitar mollalas pernas

Poncho 
Poncho recollido
- Guantes: Os guantes son moi importantes como protección contra o frío e a chuvia, en caso de caída evitan moitos roces. Se podes en inverno usa guantes impermeables para a chuvia.
- Outros elementos: As viseiras protexen dos raios do sol e tamén da chuvia nos ollos. Máscaras, bufandas e bragas protexen a cara e as orellas. As gafas evitan que nos entre po nos ollos. Fundas de asento e para a carga protexen tamén da chuvia.

Funda de sillín 
máscara e braga 
Bicicleta protexida
- A circulación.En todo caso, para sentirse cómodo usando a bici na cidade, o mais importante non son as condicións externas (meteoroloxía, costas, tráfico,...) senón as propias da ciclista e, aínda que as condicións físicas axudan, a mais importante é a propia motivación. Estes consellos xorden da experiencia.
- Faite ver: Luces, roupa clara ou reflectante, zona visible da calzada,... Ninguén quere ter un accidente, pero as veces somos pouco visibles e moito mais lentos que os coches.
- Faite notar: Moitas veces non chega con que te vexan, moitos condutores levan moitos sustos por non estar afeitos aos ciclistas.
- Ocupa o teu carril, ou en todo caso a 1 metro de distancia da beirarrúa, o que nos permitirá un pequeno marxe de manobra. Andar pola dereita pegado á beirarrúa é moi perigoso xa que nos convertemos en invisibles, tropezamos con todos os buracos e os condutores teñen a sensación de que poden pasar sen invadir o carril contrario poñéndonos en perigo.
- Se o tramo polo que pasas ten un só carril, é preferible ocupar a parte esquerda pois é a mais próxima aos condutores e logras que teñan unha mellor percepción de ti e manteñan unha maior distancia de separación.
- Escoita o tráfico: cando nos movemos a nosa vista percibe mellor os movementos que os detalles e mirar atrás nos desequilibra, por iso é importante escoitar o tráfico para coñecer a velocidade e incluso a intención dos vehículos que se nos aproximan por detrás.
- Sé empático cos condutores, moitos ciclousuarios o somos tamén, se entendes as súa percepción do tráfico podes predicir mellor o seu comportamento e adaptar o teu. Temos dereito a usar o carril igual que calquera outro vehículo, pero ás veces pegarse algo á dereita para deixar adiantar facilita a convivencia e a percepción que teñen os condutores de nós.
- Transmite a túa inseguridade para lograr a empatía do condutor. Uns movementos de volante á vez que un balanceo acompañando á pedalada provocan unha instantánea redución de velocidade e mantemento de maior distancia no coche que está a piques de te adiantar.
- Cando te aproximes a un semáforo vermello non fiques entre os coches pois cando arranques os teus movementos serán mais lentos e oscilantes e eles terán como referencia aos vehículos diante de ti o que provocará tensión sobre ti. É preferible adiantarse ata o semáforo pasando aos coches que estean parados, para arrancar incluso xusto antes de que se poña en verde.
- Ante unha situación de tensión ou agresión, mantén a calma e defende os teus dereitos con educación. A lei está da nosa parte.
- Nas rotondas non circules no marxe externo do carril dereito, deste xeito moitos condutores terán a tentación de saír da rotonda cruzando a túa traxectoria. Sitúate no medio do carril o incluso algo a esquerda do mesmo para evitar, no posible, as manobras perigosas de saída da rotonda dos vehículos a motor. Na entrada da rotonda si estás a dereita do vehículo que quere incorporarse seguramente non te verá. Colócate no medio do carril ou a esquerda do mesmo para asegurar a túa visibilidade.
- Con mal tempo, controla a freada evitando o uso predominante do freo dianteiro, a posibilidade de derrapes, e reducir a velocidade. Ter especial coidado ao pasar sobre pintura mollada que é esvaradía, sobre zonas con auga xa que pode haber buracos ocultos .
- As luces, aínda que non obrigatorias na cidade durante o día, son mais importantes con chuvia, néboa, e outras inclemencias que reducen a visibilidade.
IMPORTANTE: QUE FACER EN CASO ACCIDENTE
- En caso de accidente debes chamar a policía ou ben aos servizos de emerxencia (112) especialmente se pensas que estás ferido. Non movas a bici nin permitas que o outro vehículo se mova da súa posición ata que chegue o equipo de atestados. Se estás en condicións toma fotos da posición dos vehículos na rúa. Intenta conseguir a identificación dalgunha testemuña por se fose necesario. Se o condutor e o seu seguro faise cargo dos danos, leva a túa bici o teu taller habitual para o peritaxe. En caso de danos a terceiros e se es socio de Composcleta contacta con nós inmediatamente para usalo seguro da Asociación.
sábado, 19 de septiembre de 2015
EnBICIate con Nós
Enbiciate con nós !
Con motivo da celebración en Santiago de Compostela da Semana Europea da Mobilidade, promovida polo concello e organizada por TUSSA, a bicicleta non podía de faltar á festa.
Estades convidadas/os
O Domingo 27 de setembro
O Domingo 27 de setembro
Así pois, convidamos a todas e todos que saquedes as bicis de rochos, faiados e garaxes e vos veñades a pasar una mañá divertida no
Parque da Alameda
Teremos un agasallo para todos os inscritos
Vinde cos vosos país e amigas/os, haberá actividades para todas e todos:
11:00 – 13:00 Gymkana : circuito de habilidade non competitivo para rapaces de 8 a 14 anos
12:00 - 13:00 Obradoiro: para aprender cousas básicas (pinchazo, hinchar as rodas, axuste de freos e cadeas….) Aproveitade para poner a bici a punto!!!
13:00 – 14:00 Pedalada por Compostela: grandes e pequenos disfrutaremos da nosa cidade cun itinerario seguro, tranquilo e con varios puntos de reagupamento.
Inscríbete en:
PROPOSTA DE MELLORA AVENIDA DE XOÁN XXII
AVENIDA
DE XOÁN XXII
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Na
asociación Comploscleta somos sensibles aos conflitos de tráfico
que se producen en Santiago de Compostela.
Concretamente,
na Avenida de Xoán XXI comprobamos os seguintes feitos:
-
Prodúcense anualmente varios accidentes de tráfico como
saídas de vía e atropelos a peóns en pasos de cebra.
- Por
outra parte a velocidade habitual dos vehículos supera mais
dun 40% o límite de velocidade marcado.
- O
deseño do vial, con dous carrís en cada senso, incita a
circular a maior velocidade e realizar adiantamentos arriscados.
- A
limitación de velocidade marcada polas sinais verticais está en
total contradición co deseño do vial,
En
Composcleta elaboramos unha proposta de mellora baixo o que
consideramos deben ser os principios de unha política de
mobilidade :
-
Supón un exemplo práctico de cómo desenvolver un modelo de
mobilidade urbana mais humanizada.
-
Suporá unha mellora da seguridade con redución drástica dos
accidentes viais, das situacións de risco, e dos puntos críticos
para os peóns.
- A
solución proposta é coherente cos obxectivos pretendidos, a
legalidade, a sinalización e o deseño.
Ademais,
conscentes de que a solución debe ser viable ten tamén as seguintes
características:
-
Económica: nunha primeira fase, de proba, só precisa pintura para a
sinalización horizontal.
- Convivencia: Considera as necesidades dos usuarios de vehículos: Non reduce
opcións de itinerario para os vehículos
COMENTARIO DA CARTOGRAFÍA
TRAMO SUPERIOR ATA
ULTREIA
Na subida se pintará un vial bicis de
1,5 m de ancho. No semáforo reservaranse 2 m do vial dereito para
priorizar a saída das bicicletas no semáforo.
Na baixada sinalizarase o
carril dereito para continuar baixando e o carril esquerdo para
desviarse cara a rúa Ultreia.
Neste tramo se ten en
consideración as necesidades dos veciños de Ultreia de comunicarse
en vehículo a través de Xoán XXII en ambos sentidos. Para isto
aproveitase parte do carril central en cada sentido.
Neste tramo haberá só
un carril sinuoso de subida e outro de baixada, con limitacións de
velocidade a 30-40 km/h.
No tramo de subida, no
lado dos árbores, se habilitará unha beirarrúa, accesible para
bicis, de ao menos 1,5 m de ancho.
Este carril será
continuación do carril bici que ascende a Avenida de Xoán XXII.
Habilitarase un novo paso
de peóns para comunicar o acceso ao parque para os veciños de
Ultreia.
CURVA DA CASA DE LOIS e
ENCONTRO CON MODESTO BROCOS
Nesta zona as saídas de
vial coa conseguinte rotura da verxa da casa de Lois é bastante
frecuente a causa da excesiva velocidade.
Na baixada, antes da
curva, redúcese a un só carril para facilitar a incorporación dos
vehículos procedentes de Alexandre Bóveda e do parque.
Na baixada, na curva o
carril da dereita terá un límite de 30-20 km/h e será exclusivo
para o acceso a Modesto Brocos. O carril esquerdo será exclusivo
para baixar.
Habilitarase un novo paso
de peóns na zona de maior visibilidade da curva para facilitar a
comunicación peonil entre os veciños de Ultreia e Modesto Brocos.
No encontro con Modesto Brocos
manterase a sinalización horizontal existente.
No sentido de subida, ao engadir un
carril bici de 1,5 m e destinar espazo para os cruces, só
permanecerá un carril neste sentido.
TRAMO: CRUCES A ESTILA e BURGO DAS
NACIÓNS
Básicamente se manterá a sinalización
horizontal e distribución de viais existentes en ambos cruces.
Sinalizarase mellor as separacións de carrís e se deixará mais
espazo para a manobra dos buses que comunican con A Estila.
No sentido descendente, antes do cruce
con A Estila, reservase o carril dereito para o xiro á A Estila; o
carril dereito será para continuar baixando e pouco despois se
bifurcará cara Burgo das Nacións e cara San Francisco.
Os vehículos que sigan cara San
Francisco se lles obrigará a realizar un lixeiro percorrido sinuoso
e se indicará unha limitación de velocidade a 30 km/h.
Só haberá un carril de subida, con
desviacións para os cruces.
TRAMO CEIP LÓPEZ FERREIRO -
BIBLIOTECA PÚBLICA
Mantense como está. Únicamente se
realizarán as modificacións indicadas en pasos de peóns.
O carril bici pasa a compartir espazo
na beirarúa da dársena de autobuses. A conexión pode realizarse a
través do paso de peóns fronte ao CEIP Lopez Ferreiro.
ZONA DE SAN FRANCISCO:
Propónse
deseñar, con pintura no chan, uns carrís-coche sinuosos de 2,4 m de
ancho e separados por unha mediana peonil de ao menos 1m de ancho.
Nos
carrís coche se pintará a limitación de velocidade a 20 km/h, a
sinal de zona de prioridade peonil e de estreitamento do vial.
PASOS DE PEÓNS
Ademais
dos actuais, fronte á Bibiloteca pública, na curva enriba do
encontro con Modesto Brocos, no encontro con Ultreia
Elevados
á altura da beirarrúa.
Con
sinal de limitación de velocidade (30-20 km/h) e loma de
desaceleración 2 m antes no sentido de aproximación dos vehículos.
domingo, 31 de mayo de 2015
Accidente de ayer en Santiago
Accidente de ayer en Santiago (Virxe da Cerca). Bici cede el paso a un autobús urbano y el coche posterior la embiste. Nuestro pan de todos los días.
viernes, 29 de mayo de 2015
Entrevista en SantiagoTV
Este es el vídeo de la entrevista:
lunes, 11 de mayo de 2015
COMPOSCLETA TAMÉN FAI CAMPAÑA
Composcleta propón aos candidatos ao concello
A CAMPAÑA A PÉ DE RÚA
O fin da nosa proposta é que os futuros alcaldes e concelleiros coñezan de primeira man a realidade de mobilidade existente en Compostela e que poidan analizar os problemas e necesidades como punto de partida para aportar solucións e melloras dende un punto de vista global e a longo prazo, a escada municipal e supramunicipal.
12/05/2015: ROLDA DE PRENSA
Roda de prensa
|
CAMPAÑA A PÉ DE RÚA
|
Mércores, 13 de maio de 2015
|
|
Hora
|
12:00h
|
Lugar
|
Doutro Xeito Coworking
Rúa do Hórreo nº 22, 3º
Santiago de Compostela
|
Queremos ir falando con todas as candidaturas e iremos comunicando as nosas impresións no Facebook mais información
Onte 11/5/2015, estivemos falando có Alcalde de Santiago e candidato nestas eleccions municipais Agustín Hernández, explicándolle as nosas ideas de mobilidade na cidade. Nun ambiente cordial o señor Hernández mostrou sensibilidade ás nosas propostas inda que mantendo diferencias en temas como a prioridade peonil e medidas de calmado do tráfico. As notas de prensa mais un espíritu inversor que de conciliación e unha continuidade da visión do tráfico urbano onde a prioridade é a "fluidez" dos vehículos.
Hernández apuesta por una ciudad unida por carriles bici. Anuncia que el PP tiene la intención de crear 45 km de vías para velocípedos

El PP realizará un estudio de viabilidad, si gobierna de nuevo, para establecer una red ciclista de 45 kilómetros de longitud en todo el ámbito municipal que llegaría a...
LAVOZDEGALICIA.ES
Parece claro que pillou a letra pero ... fáltalle o sentido do ritmo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Buscar
Grupo en Facebook
Videos Composcleta Santiago
Archivo del blog
-
▼
2017
(23)
- ► septiembre (7)
-
►
2014
(17)
- ► septiembre (2)







