You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

martes, 7 de junio de 2016

PROPOSTA DE MELLORA VIAL na COSTA DE SAN FRANCISCO

solicitud.png
Proposta de mellora de Composcleta:
1º-Deixar un só carril de coches de baixada (podería ser de subida). Do mesmo ancho, e a partir do seto existente. (ou deixando a beirarrúa da dereita, baixando tal e como está)
2º- Ampliar a beirarrúa esquerda (baixando) ata 2m mínimo. Desaparece a outra beirarrúa.
3º-Engadir un carril bici, a compartir cos peóns, de 1m mínimo,en sentido de subida,  ao lado da beirarrúa e ao mesmo nivel que esta.

Porqué?:
  • Mellora da seguridade vial e da humanización urbana
  • Reducción de conflictos provocados polo tráfico no entronque da rúa de San Francisco
  • Suporá dispor dunha beirarrúa de uso compartido peonil-bici de 3 m que fará moito mais agradable pasear por esta rúa.
  • Económica: en tanto se pode realizar en 2 fases, na primeira só se empregaría pintura, e algúns cono anclados, para limitar o vial dos vehículos.


Situación Actual:
Dende a Asociación Composcleta detectamos problemas de diseño no tráfico na Costa de San Francisco que afectan seriamente á seguridade vial e imposibilitan un desplazamento a pé  tranquilo que merece calquera persoa que se desplaza polo casco histórico.


Os principais defectos deste deseño ineficiente e perigoso son:
1º-A beirarrúa da dereita (baixando) é moi estreita, inviable para carros de bebé ou pais con nenos, e compartida con un seto.
2º-A beirarrúa da dereita (baixando) no leva a ningures, inviable para carros de bebé ou pais con nenos.
3º-A vía non ten ancho suficiente para que se crucen dous coches con seguridade para eles e para os peóns.
4º-A beirarrúa da esquerda (baixando), ten só 90 centímetros de ancho e os coches pasan rozando aos peóns.
captura1.pngFoto 3.JPGFoto 2.JPG



email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago