You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

lunes, 11 de septiembre de 2017

Domingo 17 de Setembro: Pedalada por unha Via Verde Pontevedra - Vigo

Domingo 17 de Setembro:  
as asociacións de usuarios de bicicleta A Golpe de Pedal de Vigo, Pedaladas de
Pontevedra, Salinas de Ulló de Vilaboa, Arousa en Bici de Vilagarcía,  Crunia de A Coruña, Asciga (Asociación de ciclistas de Galicia) e Composcleta de Santiago de Compostela
 Comezamos a Semana Europea da Mobilidade cunha pedalada reivindicativa 
Marcha por unha vía verde Pontevedra – Vigo
 Demandamos con esta marcha a creación dunha vía para bicicletas e peóns entre a cidade de Pontevedra e a cidade de Vigo, co aproveitamento das vías do tren sen uso existentes entre ambas cidades e que a día de hoxe se atopan totalmente abandonadas .
 A vía verde entre Pontevedra e Vigo é unha oportunidade para saldar a débeda coas parroquias rurais dos Concellos que atravesa e establecer con elas unha conexión segura que facilite a mobilidade activa nunhas distancias perfectamente válidas para desprazamento a pé ou en bicicleta. E unha oportunidade para destacar e preservar o alto valor ambiental e histórico que temos na Enseada de San Simón, recoñecida como espazo Rede Natura europeo.

O percorrido será:  
Pontevedra 9:00, Arcade 10:30, Redondela11:30 , Chapela 12:30 e Vigo 13:30-14:00
ANIMÁDEVOS!!!!

 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deja tus comentarios